Sunday 05 de May de 2024

A alcaldesa clausurará mañá no Pazo a primeira edición do Curso de Verán “Enerxías renovables” do Campus industrial de Ferrol


A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, clausurará mañá no Pazo da Cultura a primeira edición do Curso de Verán “Enerxías Renovables”, promovido polo Campus Industrial de Ferrol. A rexedora local estará acompañada pola vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla e a directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Isabel Ares.

Así mesmo, na convocatoria estará presente o conferenciante e profesor da Universidade da Coruña Luis Montenegro, que será o encargado de impartir unha conferencia sobre “Enerxías renovables: situación actual e perspectivas de futuro”, a partir das 20.00 horas no Café Teatro do Pazo. A convocatoria está aberta ao público e pechará un ciclo iniciado o pasado 3 de xuño e que se desenvolveu nos concellos de Ferrol, Valdoviño, As Pontes, As Somozas e San Sadurniño, donde se convocaron ponencias con profesionais da UDC que abordaron o tema das enerxías renovables, co obxectivo tamén de achegar o campus industrial de Ferrol á súa contorna a través destas propostas.

Unha vez remate a conferencia, sobre as 21.00 horas, terá lugar o acto oficial de clausura.